Descontos Primeiras licenzas 2015

A Federación Galega de Tenis lanza a campaña promocional de primeiras licenzas. Preténdese dar a coñecer toda a información sobre os descontos no prezo das licenzas:

DESCONTO POR PRIMEIRAS LICENZAS MENOR DE 18 ANOS: 15 €
 
Este desconto aplícase durante o ano 2015 no custo da licenza de todos aqueles xogadores da categoría máis nova a junior (ata 18 anos) que tramiten a súa licenza por primeira vez. O custo é de 1 €.
 
Os interesados, ben a través do club ao que pertencen ou persoalmente se son licenzas independentes, deberán solicitar o desconto con antelación enviando un correo electrónico a fgtenis@gmail.com achegando esta folla de solicitude:
 

 

Unha vez recibida a solicitude e o xustificante de pagamento, tramitarase a licenza e enviarase unha factura co importe e número de licenza e unha factura pola diferenza ao prezo establecido de 15 €.
 
 
DESCONTO POR PRIMEIRAS LICENZAS MAIORES DE 18 ANOS: 32 € (a partir do 01/09/2015)
 
Desconto do 50% na taxa autonómica que se aplicará a partir do 1 de setembro de 2015 aos xogadores de categoría sénior (maiores de 18 anos) que tramiten a súa licenza por primeira vez.
 
Os interesados ​​poden solicitar a súa licenza a través das seguintes canles:

 

Comparte