D. José Mosquera Casero, novo presidente da Federación Galega de Tenis

Despois do proceso electoral, D. José Mosquera Casero asume a presidencia da Federación Galega de Tenis ata 2022.

D. José Antonio Pereiro Rodríguez, que cumpriu o máximo dos dous mandatos establecidos polos estatutos federativos, deixa a presidencia da Federación. Este regulamento, que el mesmo considerou moi necesario introducir nas últimas actualizacións dos estatutos, impediulle presentarse á reelección e anunciou a convocatoria de eleccións a principios de marzo.

Houbo dúas candidaturas á presidencia, a do señor vigués Luis Fernández Martínez e a do ourensán José Mosquera Casero, ambas con ampla experiencia no mundo federativo. 

José Mosquera Casero, despois do proceso electoral, foi elixido presidente polos membros da recentemente constituída Asemblea Xeral.

Nesta nova etapa, 2018-2022, D. José Mosquera Casero nomeou como membros do seu Consello de Administración:

  • José Mosquera Casero - Presidente
  • Sonia López García - Vicepresidenta I
  • Gabriel Fernández Mourelle - Vicepresidente II
  • Antía García Fernández - Tesoureira
  • Ignacio López López - Secretario
  • Ronald Álvarez Montero - Membro
  • Leticia Seijido García - Membro
  • Jorge González Álvarez - Vogal
  • María Berini Pita da Veiga - Vogal
  • Javier De la Torre Fernández - Vogal
  • Susana Varela Vila - Vogal
  • Paula García Tenorio - Membro
  • Juan José Medin Guyatt - Membro

 

En breve ampliaremos as novas coa formación dos diferentes comités e o número total de membros da Comisión Delegada da Federación.

 

 

 

 

Comparte