Curso Técnico Nivel II de Tenis

Hoxe 21/03 remata o prazo de preinscrición para o Curso de Técnico de Tenis Nivel II.

O número de prazas concedidas son 20, polo que os criterios de acceso serán os seguintes:

  • Posuír o título de Técnico Nivel 1.
  • Superar a proba de capacitación.
  • Entrega da documentación na data.
  • Orde de inscrición.
O curso de nivel II está composto polos seguintes bloques de contidos:
  • Bloque Común, organizado pola “Escola Galega do Deporte”, cunha duración de 160 horas (150 en liña + 10 presenciais).
  • Bloque específico organizado pola Federación Galega de Tenis, cunha duración de 180 horas repartidas en clases presenciais, online e traballos teórico-prácticos.
  • Bloque de prácticas coordinado e avaliado pola FGTenis.
Datas:
  • Bloque común (de maio a xullo de 2022)
  • Bloque específico (setembro a decembro de 2022).
  • Bloque de prácticas (xaneiro a maio de 2023).
Requisitos:
  • Solicitude de inscrición con datos persoais: nome e apelidos, núm. DNI, lugar e data de nacemento, correo electrónico, teléfono de contacto, enderezo actual (rúa, CP, concello), estudos finalizados. (en base ao modelo adxunto)
  • Completa o Formulario de inscrición FGTenis
  • Fotocopia do DNI.
  • Diploma orixinal do curso de nivel I oficial (dilixenciado pola administración competente) da mesma modalidade ou especialidade deportiva.
  • Orixinal de superación da proba de carácter específico (ou acreditar méritos deportivos ou estar recoñecido como deportista de alto nivel ou de alto rendemento).
  • Pago bloque común: (recoméndase que este pago se faga unha vez supere a proba de carácter específico)
    • Orixinal do pago sumando as cantidades según corresponda de:
      • Servizos xerais: 13 €
      • Matrícula do bloque común Nivel II (1ª matrícula): 45 €.
      • Taxa de validación; 2€ por módulo a validar.
      • Apertura de expediente (só alumnado que se matricula por primeira vez no IES Sánchez Cantón): 22 €
    • O pagamento pódese realizar en liña a través da páxina da OV Tributaria- ARTIGA https://ovt.atriga.gal/ , ou seguindo o modelo de pago de taxas adxunto cos seguintes códigos: 
      • Código da Consellería: 07- Cultura, Educación e Universidade.
      • Código Delegación: 40- Pontevedra.
      • Código Servizo: 03- Ensino Medio.
      • Código da Taxa: 35300. Ensinanzas Deportivas. 
  • Pago do bloque específico: (1100 €)
    • Presentación do xunstificante de pagamento do Bloque Específico á Federación Galega de Tenis. O ingreso realizarase mediante transferencia ao número de conta:  ES83 2080 5527 05 3040000936. Concepto: Nome e Apelidos + TN2.
    • Opcións de pago:
      • Pagamento único 1100€ antes do 2/04/2022.
      • Pago fraccionado
      • Primeiro pago 275€ antes do 2/04/2022.
      • Segundo pago 275€ antes do 1/06/2022.
      • Terceiro pago 275€ antes do 1/09/2022.
      • Último pago 275€ antes do 1/10/2022.

Para máis información é necesario consultar as guías do alumnado do Bloque Común e do Bloque Específico. 

A proba de carácter específico realizarase entre o 22/03/2022 e o 30/03/2022. As características da proba están definidas na Resolución que regula o plan formativo de tenis. Este documento pódese consultar na seguinte ligazón. Plan formativo tenis

Contaremos con colaboracións a nivel de profesorado da RFET, das Federacións Catalana, Madrileña, Andaluza e Valenciana para levar a cabo o curso.

Toda a documentación debe enviarse a info@fgtenis.net

Comparte