Convocatoria de prazas para acceder ao CGTD

Está aberto o prazo para presentar as solicitudes de acceso ao Centro Galego de Tecnificación Deportiva (CGTD). O prazo para presentar as solicitudes remata o martes 12 de xuño de 2012.

 

A solicitude para as probas de acceso é gratuíta e poden presentarse todos aqueles xogadores nados entre 1995 e 1998.

PROCESO:

  1. Presentación na Federación Galega de Tenis da solicitude de acceso ata o 12 de xuño de 2012. A documentación enviarase a info@fgtenis.net e a Federación Galega de Tenis confirmará a recepción da mesma.
  2. Realización das probas de acceso o venres 15 e o sábado 16 de xuño de 2012. O lugar e a organización da concentración publicaranse en breve.
  3. Presentación da documentación do proxecto de tecnificación e proposta de xogador o 29 de xuño de 2012 á Xunta de Galicia.
  4. Resolución da Xunta de Galicia 15 días hábiles despois do remate do prazo de presentación da documentación.

A documentación que se debe achegar é a seguinte:

  1. Anexo VII.
  2. Fotografía.
  3. DNI.

 

Comparte