A carreira polo Tenis comeza nas Cidades Galegas

O concelleiro de deportes do Concello de Lugo, José Manuel Díaz Grandío, foi o primeiro en reunirse co presidente da Federación Galega de Tenis, José Antonio Pereiro.

O obxectivo do concello é facer realidade o tenis na cidade de Lugo a través dun proxecto municipal que incluiría unha escola nas instalacións do Parque Municipal da Milagrosa (antiga FRIGSA).

Neste primeiro contacto, a Federación Galega de Tenis prestou o seu apoio ao concello de Lugo. A intención da Federación é conseguir unha escola municipal en cada unha das cidades máis importantes de Galicia.

Comparte