Clínica de tenis escolar no CPI Fonte Díaz (Touro)

O CPI FONTE DÍAZ, en Touro, é unha das escolas adscritas ao programa “tenis na escola”.

A través deste programa, os nenos puideron levar unha unidade didáctica de tenis, co material subministrado pola federación galega de tenis, que foi desenvolvido pola profesora de educación física Sonia Pena.

Ademais, o pasado mércores 9 de abril, os técnicos Simón Fariñas e Pablo Tabernero, da escola de tenis de Portoameneiro, desprazáronse ata a escola para celebrar unha clínica cos nenos desta escola.

Na clínica participaron máis de 40 estudantes, gozando das ensinanzas e xogos propostos polos técnicos. O obxectivo agora é crear unha escola de tenis nesta cidade e dar aos nenos desta zona a oportunidade de practicar tenis regularmente.

Comparte