Clínica de tenis na escola do CPI de Vedra

O técnico Alejandro Iglesias viaxou ao CPI de Vedra o 7 de marzo para realizar unha clínica para os nenos deste centro, que está adscrita ao programa de tenis na escola. A profesora de EF Victoria Dacal, rematou a unidade didáctica de tenis nesa data co material facilitado pola Federación Galega de Tenis.

Máis de 50 estudantes participaron nesta clínica. O obxectivo agora é crear unha escola de tenis nesta cidade e dar aos nenos desta zona a oportunidade de practicar tenis de xeito regular.

 

Comparte