Clínica Programa de Tenis Escolar - IES A Paz Tintureira

O 8 de maio a escola de tenis Samil realizou unha clínica na escola A Paz Tintureira, con motivo do remate do módulo de tenis impartido neste centro durante o último mes e medio.

As clases de 5o e 6o de primaria puideron gozar dun modelo de clases de tenis como as realizadas na escola de tenis Samil, así como unha breve explicación dos golpes de tenis e de varios xogos individuais e por equipos. Durante toda a mañá os alumnos desenvolveron varios exercicios e xogos que conseguiron captar a atención dos alumnos. Dende a Escola de Tenis Samil destacamos o grande interese amosado tanto por estudantes como por profesores, como é o caso de Ángel, un profesor de Educación Física que asiste á nosa escola Samil como estudante para mellorar os seus trazos. Tamén é de destacar o alto nivel dalgúns nenos que despois do módulo conseguiron realizar exercicios de rally con moita calidade.

Os nosos parabéns ao Colexio A Paz, Tintureira, esperamos verte o ano que vén.

Pablo González.
Director da escola de tenis Samil

Comparte