Peche provincial de tecnificación 2014

O sábado 26, coincidindo co día das finais do Campionato Galego Absoluto, tenis de cadeira e baby, celebrouse nas instalacións do CCD Sanxenxo a actividade de peche da tecnificación provincial.

Esta actividade consistiu nunha convivencia na que participaron 40 nenos e nenas das distintas zonas onde se desenvolve a tecnificación provincial: A Coruña, Ourense, Lugo, Santiago e Vigo.

Ao longo da mañá, tanto nenos como pais puideron gozar das emocionantes finais vividas nos campionatos galegos. Posteriormente celebraríase a comida na que os nenos tiveron a oportunidade de aprender máis sobre compañeiros doutras áreas.

Pola tarde celebráronse partidos co formato round robin, buscando un carácter participativo-non competitivo na actividade para que os nenos puidesen gozar plenamente deste día de convivencia.
Carlos Coira e Jose Andrés Pereiro foron os encargados de dirixir esta actividade.

Dende a Federación Galega de Tenis queremos agradecer ao CCD Sanxenxo a dispoñibilidade que ofrece ofrecendo as súas instalacións para a realización desta festa de fin de tempada para a tecnificación provincial.

Comparte