Peche do Programa de tecnificación provincial

Como é costume, o peche do programa de tecnificación provincial lévase a cabo coas finais do Campionato Galego Absoluto e Benxamín.

Os xogadores aproveitaron un día no que pola mañá estiveron activos 4 horas, comezando ás 10:00 e rematando ás 14:30, realizando as seguintes actividades:

  1. Proba de seguimento técnico e físico.
  2. Competición Round Robin en pequenos grupos.
  3. Sesión de adestramento arbitral impartida por Gabriel Fernández.

 

Pola tarde puideron asistir, gozar e aprender das finais que se disputaron para o Campionato Galego Absoluto e Benxamín con partidos moi interesantes, disputados e dun alto nivel tanto en individuais como en dobres.  

 

O equipo técnico que se encargou de organizar e coordinar aos xogadores foi:

Mar Rodríguez

Pablo González

Alexandre Muñiz

Carlos Coira

Marco Casal

 

A valoración realizada polo equipo técnico da Federación do Programa de Tecnificación Provincial é moi positiva debido aos valores, resultados, participación e integración de técnicos e clubs coa Federación Galega de Tenis. 

 

marco casal

Comparte