Circuíto Protenis Patrocinado por Gadis Ferrol (febreiro de 2017) Grupo Bazán

A primeira proba da área de Ferrol do Circuíto Protenis 2017, patrocinada por Gadis, tivo lugar o pasado sábado día 11 nas instalacións municipais da Malata organizada polo Grupo Bazán.

Organización do día:
 
Comezamos cun quecemento, despois explicáronse as regras do xogo e, máis tarde, comezamos a xogar partidos en 6 pistas.
 
Xogouse unha primeira fase de grupos con partidos ao mellor de 3 supertiebreaks; e unha segunda fase onde xogadores de diferentes grupos se enfrontaron, igualándoos por niveis.
 
E para rematar, xogaron un supertiebreak de dobres.
 
Ao rematar os xogos entregamos as medallas e a merenda: bocadillos con chocolate, queixo e chourizo, mandarinas, mazás e magdalenas de sobremesa.
 
Todos os nenos e nenas disfrutaron dunha gran tarde de tenis.
 
Leticia Seijido
Grupo Bazán
Comparte