Circuíto Protenis Patrocinado por Gadis - A Coruña (marzo de 2017) RSD Hípica

O 26 de marzo celebrouse nas instalacións de RSD Hípica de La Coruña unha proba do Cir c uito ProTenis patrocinada por Gadis, á que asistiron un total de 20 nenos.

Formáronse 4 grupos con nomes de tenistas profesionais (Rafa Nadal, Roger Federer, David Ferrer e Andy Murray) formados por 5 xogadores que xogaron en formato de liga todos contra todos.

A tarde tivo unhas condicións meteorolóxicas perfectas para o evento e puidemos ver partidos moi igualados e divertidos.

Ao remate entregáronse trofeos a todos os participantes e un chocolate con churros para todos, que despois do desgaste dos nenos resultou moi útil para recuperar forzas.

Grazas a todos os participantes e pais.

Crónica de: Borja Yribarren

 

Circuíto Protenis Patrocinado por Gadis - A Coruña (marzo de 2017) RSD Hípica

Comparte