Circuíto Gadis Ferrol (outubro de 2016) Casino Ferrolano

O Casino do Club de Tenis Ferrolano acolleu a sexta proba do Circuíto Gadis na zona de Ferrol, cun total de 29 xogadores participantes.

O sábado pola tarde disputáronse os partidos de 3/4 de cancha e os de mini tenis. O domingo xogaron os nenos e nenas do nivel 3, a toda pista, xogando todos contra todos en partidos de 15 puntos. Unha fin de semana de tenis no Casino de Ferrolano onde todos os nenos e nenas disfrutaron dun ambiente estupendo.
 

Crónica de: Club de Tenis Casino Ferrolano 

 

 

Circuíto Gadis Ferrol (outubro de 2016) Casino Ferrolano

Comparte