Circuíto de Mini Tenis Federación Galega de Tenis - Xogaremos?

Pavillóns, patios, centros comerciais, prazas e todos os grandes espazos que se poden atopar nos Concellos de Galicia acollerán o I Circuíto de Mini Tenis 2011 promovido pola Federación Galega de Tenis.

40 pistas en cada espazo, 100 participantes por evento, 10 eventos con partidos cronometrados que se utilizarán para gañar puntos e cambiar por agasallos. Dirixido a nenos e nenas que xogan ao tenis na escola, nos concellos ou en calquera club de tenis e que queiran "achegarse á versión lúdica dun partido de tenis por primeira vez".

A Federación Galega de Tenis promove esta iniciativa cos agasallos e o material necesario para o evento, así como publicidade e promoción nos arredores do club ou concello. Os clubs directivos do programa TENNIS AT SCHOOL 2011 coordinarán esta iniciativa, cuxos excelentes resultados e efectos xa están probados para todos os participantes. Os clubs que queiran participar como directivos do programa só teñen que poñerse en contacto coa Federación Galega de Tenis.

O vídeo promocional de Arteixo e Castro de Rei dan proba diso:

 

 

Comparte