Circuíto Rexional Terceira Proba 2014 - Santiago - USC

Os días 5 e 6 de abril celebrouse a terceira proba do circuíto rexional da zona de Santiago.

O obxectivo deste torneo é introducir aos nenos que comezan ao mundo do tenis, xa sexa individual ou colectivamente na competición deportiva.

O torneo, organizado polo Servizo de Deportes da USC, coa colaboración da Federación Galega de Tenis e a Fundación USC Deportiva, foi patrocinado por Augas Cabreiroá e Gadis.

Participaron máis de 80 deportistas de toda a comarca e de localidades como A Estrada, Lalín, Ames e O Pino.

Disputáronse tres categorías mixtas nas que os finalistas foron:

Mini tenis

  • Campión - Yeray Quián Darriba.
  • Subcampiona - Claudia Novoa Mariño.

3/4 de pista para xogadores de 7 a 10 anos

  • Campión - Francisco Vázquez García
  • Subcampión - Alejandro Peñamaría García

De 11 a 14 anos

  • Campión - Sergio Riveira Iglesias
  • Subcampión - Pablo Santos-Santorum Suárez

A cuarta e última proba celebrarase a fin de semana do 3 e 4 de maio no Club de Tenis Portoameneiro.

Publícase toda a información relacionada co circuíto.

CALENDARIO

  • 25-26 / XANEIRO / 2014 - PRIMEIRA PROBA
  • 22-23 / FEBREIRO / 2014 - SEGUNDA PROBA
  • 29-30 / MARZO / 2014 - TERCEIRA PROBA
  • 03-04 / MAIO / 2014 - CUARTO PROBA

Comparte