Circuíto Rexional Segunda Proba 2014 - Vigo

A tarde do domingo 23 de febreiro saíu o sol no Country Club e co sol saíu o mellor do tenis, reuníronse máis de 80 nenos e nenas para asistir á segunda proba do circuíto rexional, gran ambiente, moitos xogos e moita ilusión era o que se podía respirar durante as 4 horas de duración.

Na categoría dos máis pequenos (minitenis) había 20 nenos, na categoría de 3/4 pista un total de 24 e na pista completa 41 inscritos que puideron disfrutar e fixeron gozar a todos os presentes, moitas grazas e parabéns a todos eles que son os verdadeiros motores de todo isto.

Crónica de:
Roberto Rodriguez

Publícase toda a información relacionada co circuíto.

CALENDARIO

  • 25-26 / XANEIRO / 2014 - PRIMEIRA PROBA
  • 22-23 / FEBREIRO / 2014 - SEGUNDA PROBA
  • 29-30 / MARZO / 2014 - TERCEIRA PROBA
  • 03-04 / MAIO / 2014 - CUARTO PROBA

INSCRICIÓN:

A inscrición farase a través dos formularios creados para cada área. A continuación podes descargar o formulario de cada área:

Comparte