Circuíto Rexional Segunda Proba 2014 - A Coruña

Os días 22 e 23 de febreiro nas instalacións do Club de Tenis A Pedralba celebrouse a segunda proba do III Circuíto Rexional da Federación Galega de Tenis.

O bo tempo acompañou e un total de 35 nenos e nenas puideron gozar desta proba.

Nos niveis 1 e 2, 8 nenos participaron en cada nivel e fixéronse dous grupos de 4, xogando todos contra todos nun set a partir do 2-2. Pasaron os dous primeiros de cada grupo e xogaron as semifinais e a final.

No nivel 3, 4 grupos de 6. Os partidos disputáronse nun set a partir do 3-3, co primeiro de cada grupo que vai xogar a semifinal e a final.

Todos os participantes foron galardoados con medallas e pulseiras da FGT e, ademais, o club entregou trofeos e botellas de auga aos campións e subcampións.

O club durante a fin de semana tivo un moi bo ambiente e tanto pais como participantes volveron marchar moi satisfeitos.

Crónica de:

Gonzalo casal

Publícase toda a información relacionada co circuíto.

CALENDARIO

  • 25-26 / XANEIRO / 2014 - PRIMEIRA PROBA
  • 22-23 / FEBREIRO / 2014 - SEGUNDA PROBA
  • 29-30 / MARZO / 2014 - TERCEIRA PROBA
  • 03-04 / MAIO / 2014 - CUARTO PROBA

INSCRICIÓN:

A inscrición farase a través dos formularios creados para cada área. A continuación podes descargar o formulario de cada área:

Comparte