Circuíto rexional no club de tenis Foz (16/06/2013)

Durante a tarde do domingo, 16 de xuño, tivo lugar a proba do Circuíto Rexional nas instalacións do Foz Club de Tenis.

Alí déronse cita arredor de 40 nenos e nenas de vilas como Foz, Burela, Ribadeo, Lorenzana, Villalba, Muimenta, Mondoñedo, Viveiro e Barreiros, xogando individuais e dobres de 16:00 a 20:00 horas.

Os partidos disputáronse nas tres pistas dispoñibles para o club, permitindo aos nenos de minitenis ter unha pista de pádel.

Todos xogaron polo menos 4 partidos ao mellor dun tie break a 11 puntos. Os grupos estaban formados por idade e nivel de xogo, sendo necesarias 4 categorías.

Ao remate do torneo, todos os nenos e asistentes puideron gozar dunha merenda ofrecida polo Club de Tenis Foz, onde se entregaron os trofeos aos campións e subcampións de cada categoría, outorgando tamén unha medalla aos máis pequenos e mantendo un sorteo de agasallos entre os asistentes.

Crónica de: Roberto Paradela Caride.

Comparte