Circuíto Rexional - A Tobeira (01/07/2012)

O 1 de xullo de 2012 celebrouse unha nova proba do Circuíto Rexional no Club de Tenis Tobeira.

CRÓNICA:

O pasado domingo 1 de xullo tivo lugar outra proba do Circuíto Rexional no Club de Tenis A`Tobeira. Os participantes nesta proba dividíronse do seguinte xeito.

Nivel I (entre 11 e 14 anos)
Grupo 1: Antón De la Puente, Hugo Becerril, Gonzalo Meijide e Guillermo Mallo
Grupo 2: Jorge Charroni, Pablo Martín, Pablo Estevez e Javier Sánchez

Nivel II (entre 8 e 10)
Grupo 1: Gael Lorenzo, Carlota Lorenzo, Alex Pérez, Carlos García e Jorge Vilariño
Grupo 2: Adrián Novalbos, Juana Zorrilla, Juan Sánchez e Gonzalo Lis

Os participantes de cada grupo xogaron un contra todos, de xeito que se aseguraron de xogar polo menos 3 partidos. O gañador do maior número de partidos de cada grupo enfrontouse na final.

No nivel I a final xogárona Gonzalo Meijide e Javier Sánchez, con Gonzalo como gañador. Foi un partido disputado onde Gonzalo acabou gañando por 6-3.

No nivel II, a final enfrontouse a Juan Sánchez e Alex Pérez, repetindo o mesmo resultado que na final do nivel superior, é dicir, 6 partidos a 3.

Agardamos que nas próximas edicións poidamos ter máis participantes e que poidan gozar das nosas instalacións.

Grazas por todo.
Club de Tenis A`Tobeira

Estas son as bases:

 

Comparte