Celia Cerviño logra bos resultados no Open Internacional de Lousada Indoor

Celia Cerviño Ruiz logrou alcanzar os cuartos de final do Torneo Internacional Lousada Indoor Open de 15.000 dólares, en Lousada (Portugal).

A galega eliminou na primeira rolda a quinta cabeza de serie, a xaponesa Yuriko Lily Miyazaki cun resultado de 63 61.

Despois, na segunda rolda, gañou á suíza Tess Sugnaux cun resultado de 76 (6) 60.

Nos cuartos comezou gañando o primeiro set á holandesa Arianne Hartono, pero finalmente caeu cun resultado de 67 (4) 63 61.
 
En dobres, Celia emparellada coa alemá Silvia Ambrosio logrou chegar a semifinais, gañando na primeira rolda as sementes número 1, Francisca Jorge / Olga Parrés e avanzando do cuarto ás semis por walkover de Lucía Bronzetti e Stephanie Visscher.
Un resultado axustado nas semis, contra Claudia Giovine / Angelica Moratelli, eliminounos da final 57 76 (7) [10-7].
 
En resumo, cuartos de final no sorteo de individuais e semifinais en dobres, parabéns por estes bos resultados Celia !.
 
 
 
Na seguinte ligazón podes consultar as táboas:
Comparte