Campus multideportivo de verán en Ifevi

A Federación Galega de Tenis colabora coa organización do Campus de verán Ifevi, esta actividade forma parte dos programas de promoción e o obxectivo é que un gran número de nenas e nenos poidan achegarse a este deporte cos mellores técnicos.

O PRAZO DE INSCRICIÓN AMPLIOU ATA O 15/06/2013.

A actividade céntrase no uso do Mini Tenis como estratexia metodolóxica para a aprendizaxe do Tenis, con competicións adaptadas, xogos, etc.

Ademais desta actividade, todas aquelas nenas e nenos que queiran practicar este deporte dun xeito máis intensivo, en pequenos grupos, a Federación Galega de Tenis organiza Cursos de Verán na Escola Samil.

Animamos a todas as nenas e nenos a decidir practicar e divertirse con Tenis este verán.


Comparte