Campionato Galego de Veteranos 08 - Memorial Miguel Domínguez

Do 6 ao 14 de setembro celebrouse no Real Aero Club de Santiago o Campionato Galego de Veteranos "Memorial Miguel Domínguez". O xogador do Club de Tenis Negreira Carlos Suárez gañou en tres categorías diferentes.

O Real Aero Club de Santiago foi, durante toda a semana, sede do Campionato Galego de Tenis Veteranos, unha proba para xogadores federados maiores de 35 anos, celebrada baixo o patrocinio de SIEMENS e coa colaboración da Fundación Deportiva Galego.

Carlos Suárez Fernández foi a verdadeira estrela do Campionato, xa que conseguiu gañar en nada menos que en tres categorías diferentes: individual +45, dobres +35 e dobres +45 anos. Todo un éxito, xa que nestas probas a participación foi moi numerosa.

Respecto dos representantes do Aero Club, cómpre destacar os subcampionatos de Fernando Pablos Benavides, Fernando Mejuto Pérez e os irmáns Juan e Andrés Blanco, en individual +45, individual +55 e dobres +45, respectivamente. Outro local destacado foi o adestrador de Squash, Miguel Lapido, un flamante campión galego individual +35.

Na categoría +65 disputáronse dúas semifinais que enfrontaron a Phamisco A. Santana (1) con Antonio Fernández Ríos (gañando este segundo), e a Javier Pérez con Luis Hernández Costas, gañando a primeira. Na final, Antonio gañou a Javier Pérez, por un marcador de 6/2 2/1 e abandonado por lesión.

A +70 Luis Hernández perdeu contra Juan Seijas, por un axustado 6/4 6/4.

No resto das categorías, os gañadores foron:

SIMPLE +35:
Campión: Miguel Lapido.
Subcampión: José Luis González.

SIMPLE +45:

Campión: Carlos Suárez.
Subcampión: Fernando Pablos.

SIMPLE +55:
Campión: José Deus.
Subcampión: Fernando Mejuto.

SIMPLE +60:
Campión: Alberto Casasola.
Subcampión: José Mª Álvarez.

SIMPLE +65:
Campión: Antonio González Ríos.
Subcampión: Javier Pérez-.

SIMPLE +70:
Campión: Juan Seijas.
Subcampión: Luis Hernández.

INDIVIDUAL FEMININO:
Campioa: Ana Suárez Fernández.
Subcampión: Mª Jesús Redondo González

Máis información www.aerosantiago.es.

Comparte