Campionato Galego por Equipos Veteranos +55 2016

O Club de Tenis Coruña proclámase campión do Campionato Galego de Equipos Veteranos +55 2016.

DIVISIÓN DE HONRA:

O pasado domingo 4 de decembro disputouse en Redes a final do Campionato Galego de Equipos Veteranos +55 2016.

Esta final enfrontouse unha vez máis aos equipos do Club de Tenis Redes e do Club de Tenis Coruña. 

O resultado foi un 3-3 moi axustado, cunha vitoria para o Club de Tenis Coruña debido ao maior número de conxuntos gañados, 7 contra os 6 do Club de Tenis Redes.

Todos os resultados pódense consultar na aplicación:

 
 
As listas oficiais dos equipos deben consultarse nos seguintes enlaces:
Isto implica que as aliñacións deben estar guiadas por estas listas e non pola que aparece na solicitude do concurso, xa que a clasificación non está actualizada nela.
 
A continuación podes consultar a normativa específica de cada competición:
Comparte