Campionato Galego de Equipos Mixtos Benxamín 2016

As instalacións do Country Country de Ferrol foron a sede da concentración do Campionato Galego de Equipos Benxamíns Mixtos os días 18 e 19 de xuño de 2016.

Na división de honra, o equipo campión foi o Club de Tenis Coruña, superando na final ao Club de Campo de Ferrol por 3-1.

 

Na primeira división, o Club Grupo Bazán gañou ao equipo do Sporting Club Casino Coruña cun resultado de 3-1.

 

Na segunda división os xogadores do Santiago Squash foron os gañadores ao vencer ao CCD Sanxenxo por 3-2.

 

A concentración celebrouse baixo a supervisión dos Árbitros Juan Martínez Castro e Manuel Martínez Baz


Álvaro Illobre, en representación da Federación Galega de Tenis, entregou os trofeos aos equipos despois das finais disputadas o domingo.

 

Parabéns a todos os participantes.

 

Todos os resultados e as táboas rematadas pódense consultar na seguinte ligazón á aplicación:


 
 

Campionato Galego por Equipos Benxamíns 2016

 

Clasificación de listas de equipos de Benxamín:

 

 

No seguinte enlace deixámosvos o regulamento específico da competición: 

 

Comparte