Campionato Galego Individual Benxamín 2010 - 2,3, 4 e XNUMX de xullo

Celia Montero da SDD Aldea Nova e Luis E. Fernández do Club de Tenis Coruña foron os campións do Campionato Galego Benxamín celebrado no Real Aero Club de Santiago os días 2, 3 e 4 de xullo.

Na seguinte ligazón publicamos as táboas de resultados:

O campionato contou coa participación de máis de 30 rapaces e 18 rapazas da categoría benjamín.

A final masculina enfrontouse ao cabeza de serie número 1, o xogador do Real Aero Club de Santiago Rafael Izquierdo Luque co que finalmente sería o gañador e cabeza de serie número 2 do Campionato, Luis Fernández Labarta do Club de Tenis Coruña.

A final feminina xogárona Sara Prieto Senarís do Real Aero Club de Santiago e Celia Montero Estevan do SDD Aldea Nova Club que logrou vencer por 76 62.

Á cerimonia de entrega de trofeos asistiu o presidente da Federación Galega de Tenis D. Jose Luis Ameneiro.

Parabéns á organización e a todos os participantes.

Para ver as bases completas e o cartel do Campionato Galego Benxamín 2010, fai clic na seguinte ligazón:

Comparte