Campionato Galego de Tenis de Praia 2014

Despois do Campionato Galego de tenis de praia celebrado na praia de Aresa en Areamorta (Ares) o 24 de agosto, estes foron os gañadores:

Na categoría feminina, as irmás Inés e Eva Fantova Sicre, campioas no 2011 e subcampións no 2012, venceron na final a Ana López Camarero e María Berini Pita Da Veiga cun resultado de 4-1 e 4-2.

Na categoría masculina, o gañador dos últimos 7 anos, Iván Sánchez Neira engadiu outro título de campión ao seu palmarés, pero esta vez en parella con Adrián García Vázquez. Ambos xogadores gañaron na final a José C. Vilasánchez López e Jorge González Álvarez cun resultado de 60 61.

Na seguinte ligazón podes ver todos os resultados:

A continuación fornecemos as ligazóns ao póster e ás bases:

Máis información www.verandeportivo.com

 

 

Comparte