Campionato Galego de Tenis de Praia 2010 - Praia de Samil

O sábado 24 e o domingo 25 de xullo celebrouse o campionato galego de tenis de praia 2010 na praia de Samil de Vigo en categorías masculina, feminina e mixta. Publicamos os resultados actualizados.

Lugar: VigoArena. Praia de Samil - Vigo.
Datas: 24 e 25 de xullo de 2010
Categoría: Senior masculino, feminino e mixto (maiores de 16 anos)

Estes son os resultados das finais:

Na final Mixta, Ana Toro e Jose A. González venceron á parella formada por Francisco Figueroa e Claudia de Santiago.

Na final feminina, Ana Toro gañou o seu segundo trofeo ao emparellarse con Margarida Correa. Gañaron por 40 40 a María Argiz e Beatríz Díaz.

Un ano máis na final masculina repiten os seus títulos Iván Sánchez e José A. Tembrás, que foron os campións tras derrotar na final do domingo a Francisco Figueroa e Ignacio Tomé por 53 42.

Os campións masculinos e femininos conseguen un lugar para participar no Campionato de España de tenis de praia.

Máis información www.verandeportivo.com

Comparte