Campionato Galego de tenis de praia - 1 e 2 de agosto de 2009

O sábado 1 e o domingo 2 de agosto de 2009 celebrouse na praia de Samil en Vigo o Campionato Galego de Tenis de Praia 2009. Publicamos os resultados actualizados e a galería de imaxes, que se ampliarán.

Campionato Galego de Tenis de Praia 2008

Repetiuse a final feminina do 2008, I. Domínguez e S. Arroyo venceron á parella formada por R. Seijo e A. Seijas. O resultado esta vez foi 4-2 4-1.

Na final masculina tamén repiten títulos I. Sánchez e J.Tembras, que foron os campións tras derrotar na final do domingo a M. Sequeiros e P. Pereira por 4-0 4-1.

Na categoría mixta, J. Miguelez e A. López gañaron a parella formada por JA Gonzalez e P. Casal na final co resultado de 4-0 1-4 6-10.

Ao remate dos partidos celebrouse a entrega de premios, presidida polo presidente da Federación Galega de Tenis, D. Antonio Santorio Otero.

A continuación ofrecémoslle todos os resultados dos partidos e grupos:

Os primeiros clasificados na modalidade sénior masculina terán un lugar que lles dará dereito a participar na final do circuíto nacional de tenis de praia. Inclúe unha praza na táboa de competición da Final do Circuíto Nacional de Tenis de Praia 2009 (Gastos de aloxamento, transporte e asistencia, pendentes de determinar).

Os primeiros clasificados na modalidade sénior feminina terán un lugar que lles dará dereito a participar na final do circuíto nacional de tenis de praia. Inclúe unha praza na táboa de competición da Final do Circuíto Nacional de Tenis de Praia 2009 (Gastos de aloxamento, transporte e asistencia, pendentes de determinar).

IMPORTANTE: En caso de renuncia a participar como representante oficial da FGT no Campionato de España, o criterio para outorgar esa praza será a clasificación da proba viguesa.

Para ver a galería de imaxes, fai clic na seguinte ligazón:

 

Comparte