Campionato Galego Júnior de Tenis 2016

Luis Fernández Labarta e Celia Montero Estevan proclámanse Campións Galegos Júnior 2016.

O novo club de Lugo, o Club D10, acolleu durante esta Semana Santa a organización do Campionato Galego Júnior. Durante a competición puideron gozar de grandes partidos e confirmouse a boa forma de Luis Fernández Labarta, que como cadete conseguiu proclamarse campión júnior, gañando na final contra o xogador vilagarcián Ricardo Vidal Iglesias por 6 / 4 - 6/1. Do mesmo xeito, Celia Montero Estevan, tamén na categoría cadete, fíxose coa vitoria ante unha gran xogadora como Uxía Martínez Moral por un marcador de 6 / 4-6 / 2. 
 
Na proba de dobres masculino, Ricardo Vidal Iglesias e Luis Montull proclamáronse campións galegos de dobres contra a parella formada por Martín Millos Iglesias e José Basanta Díaz nun partido moi disputado cun resultado final de 7/6 -7/5. 
 
Nesta crónica non podo ignorar un aspecto claramente negativo que foi o elevado número de WO inxustificados, xa que implica unha falta de respecto e consideración para todos os actores deportivos, institucións, organizadores e xogadores. 
 
Finalmente, resalta a profesionalidade do equipo organizador e do árbitro poñendo a disposición todo o necesario para que a competición vaia adiante, especialmente en días moi complicados a nivel meteorolóxico como o do venres 25 de marzo. 
 
 
Na entrega de trofeos acompañáronnos: 
Presidente da Federación Galega de Tenis: D. José Antonio Pereiro
Xerente do club: Sr. Leo Real
Presidente do Comité Galego de Árbitros: D. Gabriel Fernández
 
Crónica de Marco A. Casal
 

Cadro de honra:
 
Individual masculino: 
  • Campión: Luis Fernández Labarta
  • Subcampión: Ricardo Vidal Iglesias
 
Individual feminino: 
  • Campión Celia Montero Estevan
  • Subcampión. Uxía Martínez Moral
 
Dobles masculino:
  • Campións: Ricardo Vidal Iglesias / Luis Montull Piñeiro
  • Subcampións: Martin Millos Iglesias / José Basanta Díaz

 

Na seguinte ligazón podes ver as imaxes:

 

Campionato Galego Júnior de Tenis 2016

 

Publicamos as bases e o cartel nas seguintes ligazóns:

 

Comparte