Campionato Galego de tenis en cadeira de rodas 2012

Martín Varela gaña o Campionato Galego de tenis en cadeira de rodas organizado no Real Club Náutico de Vigo do 12 ao 15 de xullo.

A modalidade de tenis en cadeira de rodas ofreceu un espectáculo á altura do mellor nivel internacional, co actual campión de España Martín Varela, que sumou ao seu palmarés o título de campión galego tras unha vitoria na final por 6/3 6/2 contra Álvaro Illobre , nunha loita de estilos onde o poder e o xogo de ataque de Martín impuxéronse á mobilidade e defensa de Álvaro. O 3o e 4o posto na proba de singles ocupárono Félix García e Martín de la Puente respectivamente.

Na proba de dobres Álvaro Illobre e Martín de la Puente venceron a Martín Varela e Manuel Cantelar por 1/6 6/4 (10/5).

Crónica de Héctor Vázquez

Outras ligazóns:

    Comparte