Campionato Galego Absoluto de Tenis 2008

A fase final deste importante campionato disputouse do 15 ao 20 de xullo no Club de Tenis de Pontevedra. A continuación ofrecémosche as táboas de resultados e a lista de campións e subcampións.

Na competición masculina un ano máis (dez consecutivos), Miguel Casal Arantes (1) non deu opción aos seus rivais, chegando á final sen renunciar a un só set. Na final venceu por 61 63 a Roberto Rodríguez Vázquez.

Na competición feminina, Patricia Vilas gañou na final a Noemí Novo polo resultado de 64 36 64, logrando así o título de campioa galega.

Nas probas de dobres os campións foron os seguintes xogadores:

- Dobres masculino: Jaime Vázquez Catoira e Jorge Vázquez Catoira
- Dobres femininos: Patricia Vilas Ibañez e Paula Álvarez Pino
- Dobres mixtos: Paula Álavrez Pino e Víctor García Domínguez

Para ver as táboas actualizadas do Campionato Galego Absoluto 2008, fai clic na seguinte ligazón:

Para ver o cartel do Campionato Galego Absoluto 2008, fai clic na seguinte ligazón:

Comparte