Campionato de España júnior 2018

Publicamos os resultados dos xogadores galegos que participaron esta semana no Campionato de España Junior 2018 no estadio Casablanca de Zaragoza:

Resultados nos cadros individuais:

  • Martín Millos Iglesias superou a primeira volta ao remontar o seu partido contra Ángel Santiago Setien por 5-7 6-4 6-4, despois caeu ante Luis Gomar Monio por 6-3 6-2.
  • Juan García Burgos gañou por 7-6 (5) 3-6 por 6-4 a Fernando Alonso García na primeira rolda pero na segunda perdeu co cabeza de serie número 3 Alejandro Vedri Asensi por 6-06-1.
  • Uxía Martínez Moral gañou a Aina Plana Ventosa por 6-4 por 6-3, pero non conseguiu superar á súa rival na segunda rolda Claudia de las Heras Armente, o resultado foi un dobre 6-4.
  • Carla del Barrio Blanco non conseguiu superar a Ángela Díez Plagaro cedendo cun dobre 6-3.
  • David Cao Pardal non puido superar a Carles Batlle Martín na primeira rolda, o resultado 3-6 6-2 7-5.
  • Tomás Currás Abasolo caeu na primeira rolda ante o cabeza de serie número 11 Víctor Moreno Lozano 5-7 6-3 6-4.
  • Jesús Bouza Puente cedeu a Pablo Manzano Lapuerta na primeira rolda, o resultado 6-1 2-6 6-4 ..

 

Resultados nos dobres:

  • Davíd Cao e Juan García derrotaron a D. Sancho e P. García na primeira rolda cun marcador de 6-3 6-4. Na segunda rolda retiráronse os seus rivais Max Alcalá e Mario González e nos cuartos de final cederon a Juan C. García e Ramiro Laguna cun dobre 6-3.
  • Uxía Martínez Moral e a xogadora do Castilla Tennis Club Ángela Diez Plagaro comezaron como parella cabeza de serie número 2 na táboa de dobres. Pasaron cun Bye a primeira volta e na segunda perderon contra Aina Plana e Gemma Lairon.
  • Jesús Bouza e Martín Millos venceron cun resultado de 4-6 6-2 10/6 ante Alejo Ferrer e Álvaro Quintana. Na segunda rolda non lograron impoñerse á parella formada por Luis Gomar e Diego Barreto por 6-3 6-3.
  • Tomás Currás e Alejandro Moro da Escola de Tenis Alcalá perderon contra Héctor Barquilla e Ángel Santiago na primeira rolda, o resultado foi un axustado 1-6 4-5 15-13.
  • Carla del Barrio Blanco formou parella con Maialaen Morante. Non lograron impoñerse no partido da primeira volta contra Ana I. Fraile e Blanca Cortijo, o resultado foi un axustado 7-6 (5) 4-6 13-11.

 

O capitán é Chisco Pardo.

 

TÁBOAS [ENLACE]

Comparte