Campionato de España infantil 2009 - Trofeo Manuel Alonso

Do 6 ao 12 de xullo no polideportivo Covaresa (Valladolid) tivo lugar a XXXIV edición do Campionato de España infantil - XLIII Trofeo Memorial Manuel Alonso. As táboas e a crónica publicadas.

Iago Fernández Reija e Magin Raposeiras capitanearon aos xogadores galegos e viaxaron a Valladolid para disputar este campionato:

- Adam Sanjurjo Hermida (campión galego infantil 2009) - Club de Tenis Coruña
- Pedro Ecenarro Del Rio (subcampión galego infantil 2009) - SCD Aldeanova
- Juán González Sánchez (terceiro posto no Cto galego infantil. 2009) - Escola de tenis Marineda

- Ariadna Paules Aldrey (campioa galega infantil 2009) - Club Tenis Coruña
- Marta González Niño (subcampioa galega infantil 2009) - CC Mercantil de Vigo
- Gisela Amor García (terceiro posto no Cto galego infantil. 2009) - CC Mercantil de Vigo

Crónica:

Do 6 ao 12 de xullo celebrouse en Valladolid o Campionato de España infantil Manuel Alonso coa presenza da selección galega.

Destacar o gran ambiente vivido entre os membros da nosa comunidade que estivo composto por Adam Sanjurgo, Pedro Ecenarro, Juan González, Arianna Paules, Marta González e Gisela Amor.

O torneo tivo un bo nivel e as nosas xogadoras tiveron unha boa actuación en liñas xerais, especialmente os cuartos de final de Adam Sanjurjo contra Marc Collado no equipo masculino e Arianna Paules contra Silvia Fuentes na segunda volta do equipo feminino.

Boa actuación tamén do resto de membros que perderon nas roldas anteriores en partidos sempre moi igualados e de bo nivel.

Crónica de Magin Raposeiras

Comparte