Campionato de España Alevín 2015

Os seis xogadores galegos rematan a súa participación no Campionato de España Alevín, en Madrid. Nesta nova actualizamos todos os resultados:

Resultados Primeira rolda:
  • Noel Villarabide Varela gaña 61 60 a Alejandro Pascual (1R)
  • Ignacio Varela Neto non puido rematar o seu partido. Despois de pasar toda a mañá no hospital con sangrado nasal e vómitos, Nacho quixo xogar e probar pero non puido ser, demasiado débil e cunha temperatura de 35 ° na habitación, tivo que renunciar a xogar despois do 6 / 2 3/0. (1R)
  • Carlos Álvarez Domínguez Gaña 64 64 a Enric Porcar (1R)
  • Eva Álvarez Sande perdeu 64 62 contra Laura Castro (1R)
  • Andrea Costas-Moyano perdeu 60 62 contra Eva Arranz (1R)
  • Laura Prieto Sieiro gaña 63 63 a Inés Duran (1R)
  • Dobre: Eva Álvarez / Laura Prieto gaña 75 76 (4) a Gutiérrez / Castro (1R)
  • Dobre: Ignacio Varela / Carlos Alvarez perde 63 60 contra Pelayo Rodríguez / David Rodríguez (1R)
  • Dobre: Noel Villarabide / Miguel Antona gañou a Valentín Volpe / Alejandro Pascual 63 61 (1R)

 

Resultados da segunda rolda:

  • Noel Villarabide Varela  perde 61 60 contra Carlos Gimenez (2R)
  • Carlos Álvarez Domínguez perde 61 61 contra Óscar Pinto (2R)
  • Laura Prieto Sieiro perde 61 63 ante Judith Hernández (2R)
  • Dobre: Eva Álvarez / Laura Prieto perde 61 63 contra Hernández / García (2R)
  • Dobre: Noel Villarabide / Miguel Antona perde 60 61 contra Turriziani / Rincón (2R)
 
A continuación fornecemos a ligazón ás imaxes do sitio web de RFET e á nosa galería de fotos:
 
Comparte