Camiño do Río 2016

Os xogadores galegos de tenis de cadeira, Martín De la Puente, Álvaro Illobre e Martín Varela ocupan os seguintes lugares para participar nos Xogos Olímpicos de Río 2016:

Martín De la Puente ascende ao posto 28 do mundo, (15 torneos) e agora mesmo ocuparía unha praza para Río xa que entrarán os 32 mellores do ranking mundial. Ten dúas finais consecutivas, en dous torneos disputados en Bélxica. O período de puntos para Río remata en maio de 2016. 
 
Por detrás, na posición 92, está Álvaro Illobre, con 8 torneos. (non puido xogar este mes)
 
Martín Varela (actualmente lesionado), está na posición 99 con 7 torneos.
 
Esta semana celebrarase o Open de Ferrol onde só Álvaro Illobre xogará como anfitrión, porque a lesión de Varela impídelle participar e De la Puente descansará, xa que ten o ombreiro lixeiramente "tocado" e pola semana xogará no Rivas internacional, xunto a Illobre.
 
Para ver os rankings podes facer clic na seguinte ligazón:

 

 

Comparte