Calendario do Campionato Galego por equipos infantís 2009

O Club de Tenis Coruña proclamouse campión no Campionato Galego por equipos infantís masculinos e femininos de primeira. Na segunda categoría masculina o campión foi o Club de Tenis Villalbés e na segunda categoría feminina o Casino Ferrolano TC.

- Primeira categoría masculina: 10, 11 e 18 de xaneiro de 2009 (finalizado)
- Primeira categoría feminina: 24 e 25 de xaneiro de 2009 (finalizado)
- A segunda categoría: comezo o 10 de xaneiro de 2009 (finalizado)

Primeira categoría:

Rematou Campionato galego de equipos infantís femininos de primeira categoría
na Squash de Santiago. O equipo infantil feminino do Club de Tenis Coruña foi o campión tras vencer na final ao equipo do CC Mercantil e Industrial de Vigo polo resultado de 2-1. O
A clasificación final dos equipos foi a seguinte:

1o Club de Tenis Coruña
2º CC Mercantil e Ind. De Vigo
3o Club de Tenis O Rial
4o CCD Sanxenxo
5o Country Club de Ferrol
6o CT Ames Aldea-Nova
7o Santiago Squash
8o Sporting Casino Coruña

Rematou Campionato galego de equipos infantís de primeira categoría masculina no Club de Tenis Coruña. O equipo anfitrión proclamouse campión tras vencer ao CCD Sanxenxo na final por 5-0. A clasificación final dos equipos foi a seguinte:

1o Club de Tenis Coruña
2o CCD Sanxenxo
3o CT Ames Aldea-Nova
4o Real Aero Club de Santiago
5o C Mercantil de Pontevedra
6o Sporting Casino Coruña
7a Escola de Tenis Marineda
8o Club de Tenis Monterreal

Para vela Galería de imaxes fai clic na foto.

Segunda categoría:

Rematou a segunda categoría feminina onde o equipo infantil feminino do Casino Ferrolano TC foi o campión galego infantil da 2a Categoría tras vencer ao RC Naútico de Vigo por 2-1 e 0-3.

Na segunda categoría masculina, o campión foi o Club de Tenis Villalbés, que gañou ao Country Country de Vigo na final de zona. (4-1 e 3-2).

O calendario completo desta competición está dispoñible na seguinte ligazón:

A continuación facilitámosche as actas das reunións de 1a categoría:

Para ver as listas de xogadores de cada un dos equipos participantes, fai clic na seguinte ligazón:

Nota: para protexer os teus datos publicamos estas relacións sen os teléfonos nin os correos electrónicos. As listas completas foron enviadas aos equipos.


Balón oficial:

A Federación Galega de Tenis informa que o BALÓN OFICIAL DE TENIS para as próximas 3 tempadas é BABOLAT, que se comunica para poder utilizar xa esa marca nas próximas competicións de Veteranos +35, Veteranos, Infantil Masculino e Feminino, así como despois no resto da selección galega, campionatos de circuítos individuais e xuvenís da Federación.

Comparte