Boa actuación dos xogadores do CGTD no ITF en Leiria 2008

Boa actuación dos xogadores do CGTD no ITF junior de Leiria grao 4. Este torneo internacional celebrarase no Centro Internacional de Tenis de Leiria en Portugal do 2 ao 9 de agosto de 2008 e destacamos os seguintes resultados:

Jaime VázquezJaime Vázquez chegou á ¼ final perdendo 63 36 76 co inglés Jones.

Na proba de dobres, Pablo Lijo e Jose María Fantova alcanzaron a ½ final e Patricia Vilas xoga hoxe a final, emparellando co noruegués Eikeri, Ulrikke. Tamén destaca a boa actuación de Cristian González, que na súa primeira participación conseguiu sumar puntos chegando á ¼ final da proba de dobres, emparellando con Jaime Vázquez.

Comparte