Bo resultado para Abid no Internacional de Portimão

Bo papel para a xogadora galega Miriam Abid Fraga no Torneo Internacional Sub 14 celebrado en Portimão (Portugal).

Na primeira rolda gañou a Inés Iglesias cun dobre 60 e na segunda rolda Ella Lynn Browne 60 61.

Na segunda rolda tivo que enfrontarse a Francisca Jorge, cabeza de serie número 2, nun duro partido que caeu do lado dos portugueses cun 64 63.

Nos dobres conseguiu facer cuartos coa alxeriana Lynda Benkaddour.

Parabéns por estes fantásticos resultados.

 

Comparte