Brodsky gaña o Torneo Internacional de Tenis Feminino da Coruña »

A estadounidense Gail Brodsky foi a gañadora do VI Torneo Internacional Feminino de Tenis Cidade da Coruña celebrado no Sporting Club Casino Coruña, na Zapateira, do 16 ao 24 de xullo de 2011.

Cartel do Torneo Internacional Feminino Cidade da Coruña 2011

Brodsky gañou á rusa Alexandra Panova na final, en dous sets, 6-3, 6-4, en 73 minutos de xogo.

Con esta vitoria, Brodsky obtivo cincuenta puntos para a clasificación WTA (na que subiu significativamente), así como un premio en diñeiro de 2.940 dólares. Pola súa banda, Panova leva 34 puntos e 1.666 dólares. As semifinalistas do sábado, Leticia Costas e Timea Babos, gañaron 24 puntos polo ranking WTA e 1.078 dólares.

Pódese ver toda a información actualizada en wtacoruna.com

Daniel Fernández Salas enviounos unha crónica e un vídeo da semifinal Panova - Costas:

Comparte