Bonolicense

A Federación Galega de Tenis lanza un novo programa de subvencións de licenzas: Bonolicense.

¿Que é iso?
Novo programa dos FGTenis polo que se ofrece un bono a todos os clubs galegos para que poidan tramitar unha serie de licenzas sen custo, federando aos seus xogadores sempre que nunca tiveran licenza.
 
Para que?
A Federación Galega de Tenis quere facilitar aos clubs a incorporación dos seus xogadores á estrutura federativa, premiando a súa fidelidade.
Do mesmo xeito, FGTenis quere achegarse ao maior número de practicantes do noso deporte, dando a coñecer todos os programas que leva a cabo: competición, promoción, adestramento, tecnificación, etc ...
 
Quen pode beneficiarse?
Todos os clubs galegos e todos aqueles xogadores que nunca tiveron licenza federativa nin carné FGTenis.
 
Como?
Cada club terá un número determinado de licenzas sen custo, dependendo do número de licenzas que tramitou o ano anterior. A porcentaxe a aplicar aparece na seguinte táboa:
 

Número de licenzas

Porcentaxe

Entre 0 e 10

30%

Entre 11 e 20

25%

Entre 21 e 40

20%

Entre 41 e 80

15%

Entre 81 e 100

14%

Entre 101 e 110

13%

Entre 111 e 120

12%

Entre 121 e 130

11%

Máis de 131

10%

 

Ligazóns relacionadas:

 
Comparte