Axuda a Pequín 2008

No DOG do 22 de febreiro publícase a Orde do 27 de decembro de 2007 pola que se regula o réxime de concesión de premios a atletas galegos que xa obtiveron a súa clasificación para os Xogos Olímpicos e Paralímpicos de Pequín de 2008, e se conceden axudas para atletas galegos con opcións para participar en probas oficiais válidas para optar aos mencionados Xogos e se se convocan.

Destacar:

1. Prazo de presentación de solicitudes: na Dirección Xeral para o Deporte (NON na Fundación Deporte Galego) ata o 24 de marzo incluído.
2. Documentación a presentar: ademais do formulario de solicitude (anexo I):
a) Copia do DNI.
b) Certificado de empadroamento nun concello galego desde antes do 1 de xaneiro de 2007.
c) Certificado que reflicta o lugar de nacemento. (os que non cumpran o apartado b).
d) Anexo II: Informe da federación
e) Anexo III: Declaración doutros premios ou axudas.
f) Anexo IV: Informe
g) Anexo V: proxecto deportivo de preparación olímpica.
h) Certificado da federación española de acadar a cualificación para os Xogos Olímpicos e Paralímpicos, se procede.
NOTA sobre a instancia de solicitude: é o anexo I: só debe estar asinado polo solicitante (non pola federación).
NOTA sobre o Informe da Federación: é o Anexo II: todos os datos requiridos pola federación están neste documento, non é necesario presentar ningún outro.

Comparte