Axudas para deportistas galegos de alto nivel

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe o anuncio da convocatoria de axudas para deportistas galegos de alto nivel, para a súa preparación deportiva e para a súa clasificación para os Xogos Olímpicos e Paralímpicos de Londres 2012.

O prazo para presentar as solicitudes remata o venres 08 de xuño de 2012.

As solicitudes só se poden presentar de dúas formas:

  1. - No rexistro da Fundación Deporte Galego, en Santiago de Compostela. (de 9:00 a 14:00).
  2. - Por correo certificado. Neste caso, deberá enviarse unha copia do anexo 881999842 por fax ou burofax (2), o mesmo día no que se entrega a documentación en correos.

Non se admitirán solicitudes presentadas noutros rexistros distintos dos mencionados anteriormente.

Máis información en: sportgalego.es

 

 

Comparte