Álvaro Illobre subcampión do Open de tenis en cadeira de rodas Cidade de Ferrol 2017

A XVII edición do Open de tenis de cadeira Cidade de Ferrol celebrouse do 25 ao 27 de agosto no Club de Campo de Ferrol.

Juanjo Rodríguez e Álvaro Illobre repetiron a final do 2016, pero esta vez con vitoria para o Rioja cun resultado de 6-4 4-6 6-3.

En dobres, o galego Juan Gutiérrez foi campión, facendo parella con Juanjo Rodríguez. Gañaron na final a Álvaro Illobre e Carlos Pina cun resultado de 4-6, 6-4 e 10-7.

 

 

Publicamos a ficha técnica e o póster nas seguintes ligazóns:

Comparte