Álvaro Illobre gaña o Open de tenis de cadeira de Marbella

A pasada fin de semana disputouse en Marbella o V Open de tenis en cadeira de rodas nesta cidade. O Club ADM Ferrol desprazou a 3 xogadores a este torneo, sendo Álvaro Illobre o máis destacado.

Álvaro Illobre gaña o Open de tenis de cadeira de MarbellaComo nº3 no ranking nacional, Álvaro participou no sorteo principal, xogando na primeira rolda contra outro xogador do Club ADM Ferrol, Juan Gutiérrez, ao que gañou por 6-4 7-5. Foi un partido difícil xa que lle custou adaptarse á pista e ao vento dominante.

Xa en semifinais, tivo que loitar con outro galego, Martín Varela, amigo e compañeiro de dobres, ao que venceu noutro difícil encontro 6-4 2-6 6-2. Con esta vitoria Álvaro chegou á final e volveríase enfrontar ao júnior madrileño Dani Caverzaski. Esta vez a vitoria caeu do lado do Aresano, gañando por 6-2 por 6-4, tendo problemas no segundo set, pero Álvaro volveu a levar este trofeo, a primeira vez que gañou nesta cidade, e sendo o seu primeiro torneo da tempada.

O outro xogador do ADM Ferrol foi Roberto García e xogou no segundo cadro chegando ás semifinais, perdendo contra un xogador local.

En dobres, Varela e Illobre chegaron á final tras dúas cómodas previas para eles, pero na final non tiveron un bo encontro e perderon ante Caverzaski e Roberto Chamizo, cos que perderon por 6-2 por 7-5.

O seguinte compromiso de Álvaro Illobre será a súa participación no Mundial de Sudáfrica, onde viaxará o 22 de abril.

 

Álvaro Illobre

Comparte