Adam Sanjurjo e Arianna Paules - Nike Málaga

Espectacular resultado acadado polos xogadores galegos do Club de Tenis da Coruña, Adam Sanjurjo Hermida e Arianna Paules Aldrey, caendo ambos en semifinais despois de ter realizado un gran torneo en Nike en Málaga.

Infantil Masculino
O lucense Adam Sanjurjo logrou chegar a semifinais con solvencia, deixando na rúa a Oscar Carrascosa Grau 6-2 6-3, a Oscar Mesquina Berg 5-0 e ao abandono, Emilio López De la Rosa 6-1 6-0 e Pedro Domínguez por 7-5 6-0, caendo en semifinais contra o murciano Antonio Ayala por 6-3 e 7-6. O lucense tivo moitas oportunidades para gañar o segundo set pero non foi quen de aproveitalas. En calquera caso, cremos que o resultado foi moi positivo.

Infantil Feminino
Arianna Paules chegou ás semifinais derrotando a Raquel Sánchez Navarro por 6-0 6-2, Marina Martí 6-4 6-2, número 6 da cabeza de serie Miriam Rosell 2-6 6-2 6-2, Carolina García Isper 7-5 7-5 para caer ante a canaria María José Luque 6-0 6-1. A Coruñesa chegou a esta rolda moi discapacitada e non puido adaptarse en ningún momento ao xogo de Canarias.

Crónica de Iago Fernandez Reija

Comparte