Adam Sanjurjo fai semis no Campionato de España Junior

Adam Sanjurjo conseguiu facer as semis no Campionato de España junior 2013 celebrado a semana pasada no Club de Tenis de Pamplona.

Adam gañou a Bernabé Zapata por 61 36 63, a Ignacio Jiménez con 61 60, a Ferran Calvo 63 62 e á cabeza de serie do equipo Jaume Munar con 63 76 (3).

Nas semifinais Pedro Martínez Portero, que sería campión júnior, superou a Adam cun 63 76 (3).

Participación galega: ...

Na segunda rolda, Pedro Ecenarro del Río perdeu contra Robert Herrera, cabeza de serie número 8 e Luis Morillo Díaz contra Pablo Vivero, cabeza de serie número 9.

No equipo feminino quedamos sen representación despois de que foran eliminadas as 4 xogadoras con licenza de Galicia: Carmen Blasco Robaina, Ana López Camarero, Valeria López Pérez e Arianna Paules Aldrey.

Nas seguintes ligazóns podes descargar as táboas e os horarios:

Algúns dos participantes galegos no Campionato de España junior 2013

Comparte