Acordo con Zenit

Dende a Federación Galega de Tenis comprácenos comunicarlle que chegamos a un acordo de colaboración coa ZENIT HOTEL CHAIN.

Grazas a este acordo, todos os membros federados que se aloxen nos diferentes establecementos Zenit de toda a xeografía española terán unha tarifa negociada, que consistirá nun 10% de desconto respecto ao mellor prezo ofrecido polo establecemento específico.

Para beneficiarse deste acordo, só terán que indicar que están federados no momento de xestionar a reserva.

Os membros terán acceso exclusivo na área de clientes da páxina web de Zenit Hotels.

Dende a Federación Galega de Tenis queremos agradecer á cadea ZENIT a súa colaboración con todo o tenis galego.

 

Comparte