Actualización restricións COVID, 16 de febreiro de 2021

Informamos a todo os federados e clubs de que despois da publicación da «ORDE do 15 de febreiro de 2021 pola que se dispón a prórroga e a modificación das medidas de prevención específicas previstas na Orde do 26 de xaneiro de 2021, como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia. »

Publicamos a guía simplificada da Secretaría Xeral para o Deporte:

Do mesmo e vinculado ao tenis federado destacar o seguinte: II. Práctica de deporte federado.

  1. Deporte federado a nivel nacional. (mantéñense as condicións ata a data) en base ao procedemento seguinte:
  2. Deporte federado de ámbito autonómico.
    1. Protocolo aplicable. Protocolos aprobados FISICOVID
    2. Instalacións deportivas
      • Poderán estar abertas as instalación deportivas para adestramentos e competicións de ámbito federado autonómico.
      • (Isto implica que, sen romper as restricións de mobilidade e nocturnas, pódense retomar a práctica e o adestramento do tenis nas escolas).
      • Vestiarios e zonas de ducha: pódense empregar cunha ocupación do 30%.
    3. Restricción sde mobilidade e de horario nocturno permitido para:
      • Desprazamentos debidamente xustificados de obrigas laborais e profesionais (técnicos, árbitros, etc.)
      • Desprazamentos xustificados para adestramentos ou competicións de ámbito autonómico (por exemplo, competición por equipos, campionatos galegos, etc.).
      • A competición en base á que está xustificada deberá realizarse nun prazo máximo de 4 semanas.
      • É esencial que a persoa que se desprace leve:
Procedemento para solicitar un certificado de participación en competicións tanto a nivel estatal como autonómico.
  1. A xogadora/or deberá descargar o certificado de licencia a través da aplicación da Federación Galega de Tenis. http://oficina.fgtenis.net/) introducindo a súa licenza (sen guión) no campo de usuario e o seu DNI (sen guión e maiúscula) no campo do contrasinal.
  2. O club debe emitir un certificado, seguindo o modelo oficial da SXD (MODELO)
  3. O club deberá enviar á Federación Galega de Tenis o FORMULARIO DE INSCRICIÓN de certificados de mobilidade que serán imprescindibles, que se poden descargar nesta nova (A FGT enviará os rexistros semanalmente ao SXD os mércores).

Para ampliar a información aquí detallada, consulte os seguintes documentos:

Estas medidas entrarán en funcionamento a partir do 17 de febreiro ás 00:00.

Comparte