Actualización Protocolos Covid 19 FGTenis

Infórmase a todos os federados, clubs, escolas que a día 17/03/2021 se actualizan os seguintes protocolos:

A modificación fundamental refírese ao contacto dos xogadores coas bolas, ata a data cada xogador só podía tocar coas mans as pelotas asignadas, a partir de agora restablécese a normalidade, podendo xogar con 3 pelotas e sen restrinxir o contacto coas mesmas.

Recomendamos a lectura dos protocolos para aclarar dúbidas e lembramos que debemos ter moito coidado co cumprimento das medidas para evitar pasos cara atrás.

Comparte