Aberto o prazo para solicitar axudas a deportistas galegos de alto nivel (DGAN 2019) convocados pola Fundación Deporte Galego

O prazo vai do 17/10/2019 ao 30/10/2019. Esta convocatoria ten nesta ocasión seis tipos de axudas: Axuda DGAN 1, Axuda DGAN 2, Axuda DGAN 3, Axuda DGAN 4, Axuda DGAN 5 e Axuda DGAN 6, que se asignarán segundo os resultados deportivos acadados durante 2018

O prazo de presentación de solicitudes será de 10 días hábiles a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo non é laboral, entenderase que se prorroga ao seguinte día hábil. Se no mes de caducidade non hai día equivalente a aquel en que comeza o cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.
 
O horario de inscrición para a presentación presencial das solicitudes referidas a estas bases será de 9:00 a 14:00.
 
A presentación das propostas por unha ruta distinta das indicadas será motivo de rexeitamento ou exclusión.
 
Ligazóns:
 
Comparte